1863 12 de febreiro: Manuel Lugrís nace na vila de
Sada.
1880 Escribe
Nociones generales de mitología. Comeza a traballar como escribán en Oleiros.
1883 Emigra a Cuba, instalándose na
Habana. Colabora con
El Eco de Galicia, onde publica o seu primeiro poema
Nostalxia e asinará diversos textos co alcuño de Asieumedre.
1884 Entra a formar parte da Xunta Directiva do Centro Galego da Habana como vogal. Escribe
O penedo do crime. Lenda das Mariñas, a súa primeira novela por entregas en
El Eco de Galicia. Escribe e le en público a peza teatral en verso
A costureira d'Aldea.
1885 5 de xullo: Funda, xunto con Ramón Armada Teixeiro,
A Gaita Gallega, primeiro xornal da emigración publicado en lingua galega.
A Gaita Gallega editarase entre agosto de 1885 e setembro de 1889. Ensaia e representa,
A costureira d'Aldea que se estrea na Habana.
1886 Colabora de xeito habitual en
A Galicia Moderna onde atende a sección "Gallegos de por acó".
1894 Publica o seu libro de
poemas Soidades (versos en gallego), cun limiar de
Manuel Curros Enríquez. Manuel Lugrís implícase na organización da homenaxe a Curros que se organiza na Habana.
1896 Retorna a Galicia xunto coa súa muller, Concepción Orta Iglesias. Promove a creación da Liga Gallega formando parte da súa Comisión Directiva xunto con Salvador Golpe Varela e Euxenio Carré Aldao.
1897 Vencéllase á intelectualidade coruñesa a través da Cova Céltica. Comeza unha xeira de colaboracións críticas en
Revista Gallega.
1899 No acto de homenaxe aos Mártires de Carral, o 23 de abril, Lugrís Freire utiliza por primeira vez o galego nun discurso público. Morre a súa dona Concepción Orta.
1901 Publica
Noitebras, o seu segundo poemario, dedicado á súa muller falecida.
1902 É un dos fundadores da Escola Rexional de Declamación, da que chega a ser presidente. Casa en segunda nupcias con Pura González Varela, mestra de piano na Escola Normal de Maxisterio da Coruña. Nace o seu fillo Manuel.
1903 Primeira representación pública da Escola Rexional de Declamación, que estrea
A Ponte. É un dos fundadores da Asociación da Prensa da Coruña.
1904 Participa cos rexionalistas coruñeses na inauguración do monumento aos Mártires de Carral. Estrea os seus
dramas Minia e
Mareiras. Le poemas seus na coroación poética de Curros Enríquez (21 de novembro).
1905 Nacen os seus fillos Secundino e María do Pilar. Disólvese a a Escola Rexional de Declamación. É un dos fundadores da
Real Academia Galega.
1906 É elixido presidente da Liga Gallega. Estrea o drama
Esclavitú que será publicado en 1910. Participa na constitución da Real Academia Galega (4 de setembro). Crea con Rodrigo Sanz o sindicato agrario
Solidaridad Gallega.
1907 Colabora asiduamente cos medios de expresión da organización Galicia Solidaria e con
A Nosa Terra. Pronuncia o primeiro mitin político en galego o 6 de outubro. Comeza a súa colaboración con
A Nosa Terra. Nace o seu fillo Urbano.
1908 Aparece unha primera edición dos
Contos de Asieumedre , algúns deles publicados con anterioridade na prensa.
1909 Nace a súa filla Purificación. Publica unha nova versión dos
Contos de Asieumedre que reúne 28 relatos.
1910 Resulta elixido vicepresidente do Centro Solidario da Coruña. Participa na Asemblea Agraria de Monforte. Estrea
Esclavitú.
1912 Disólvese Solidaridad Gallega.
1913 Achégase as posicións republicanas e frecuenta o Casino Republicano.
1916 Participa na constitución da Irmandade da Fala da Coruña, para quen comporá a letra do seu himno. Presenta en público a súa comedia
O pazo que se publicará en 1917 e se estreará en Vigo. Escribe dous breves sainetes:
Ir por lan e
La ofrenda, o los folletos verdes de don Pepiño.
1917 Implícase activamente no labor propagandístico das Irmandades da Fala.
1918 Comeza a colaborar co suplemento "Nós" do xornal
El Noroeste.
1919 Publica
Versos de loita. Estrea a súa peza teatral
Estadeíña.
1920 Colabora con Acción Coruñesa.
1922 Publica a
Gramática do idioma galego. Entra a formar parte do Consello de Redacción de
A Nosa Terra.
1923 (20 de novembro) Ingresa no Seminario de Estudos Galegos cun discurso arredor da figura de
Pondal.
1924 Protagoniza a homenaxe que a
RAG lle rende na Coruña a Luis de Camões no cuarto centenario do seu nacemento. Adapta ao galego a ópera
Maruxa de Vives e Frutos.
1926 Ingresa na loxa masónica Suevia número 4. Participa na homenaxe que o Seminario de Estudos Galegos lle rende a Carolina Michaëlis de Vasconcelos.
1927 Publica o poemario
Ardencias.
1928 Publica
As Mariñas de Sada.
1929 Funda, xunto con
Vilar Ponte, Víctor Casas, Emilio González López e Casares Quiroga, a Organización Republicana Galega Autónoma (
ORGA).
1930 A Sociedade Sada y sus contornos organiza unha homenaxe a Lugrís na súa vila natal. Participa na redacción do Programa do Partido Autonomista Republicano Agrario.
1931 (4-6 de decembro) Ingresa no Partido Galeguista no que será membro do seu Consello Executivo. Publícase a segunda edición de
Gramática do Idioma Galego.
1932 Representa o Partido Galeguista na redacción do anteproxecto do Estatuto de Autonomía. Participa con Castelao nun mitin en Mabegondo.
1934 (28 de abril) É nomeado presidente da Real Academia Galega na remuda de
Eladio Rodríguez González.
1935 Participa como presidente da Real Academia Galega na homenaxe a Manuel Curros Enríquez. Renuncia á presidencia da Real Academia por motivos de saúde. Prepara a edición de
Queixumes dos pinos e poesías inéditas de Eduardo Pondal.
1936 Participa na campaña a prol do Estatuto de Autonomía. Tras o golpe de Estado vese obrigado a abandonar toda actividade pública.
1940 (15 de febreiro) Morre na Coruña e é soterrado no camposanto de Santo Amaro desta cidade.